sábado, 31 de julio de 2010

Cronica

Suso Rubio chamábame con algo de coña a locomotora de Forxán e a verdade é que me gusta andar polos paseos de Peizás e Llás pero a Ruta de Fisterra eran palabras maiores, 32 km.!! nada menos...e eso que empezamos tranquilos, case como empezar polo final. Alí en Muxia, mirando a paisaxe bonita, xogando coas pedras de abalar e a a que cura problemas de riles e botandolle un ollo a igrexa da Virxe da Barca, moi pintoresca ela. Despois un largo camiño ata Fisterra debaixo dun bon sol, bordeando praias, camiñando entre piñeiros...
Un dos momentos máis divertidos e relaxantes foi cruzar un río fresquiño, pisando con coidado e entre pedras, a verdade é que foi un refresco para os peíños cansos.
Só seis valentes chegaron a pé a Fisterra. Os demais necesitamos de transporte na última etapa. Pero aínda así mereceu a pena. O ano que ven intentarei cubrir a ruta...ata o final.

Patricia Rodriguez